son o pasado que agora vive no presente.
Son a auga doce, son a auga salgada
que se desliza polos regatos, polos ríos,
desenboco no mar.
Son o ceo azul que se enfada
oscurece e estala,
son a luz que deslumbra, que se ilumina,
apágase....
Son o lume que che da calor
cando tes frío,
son o sol que sae polo día,
son a lúa que te protexe polas noites,
os ollos vixiantes ata o mencer
para que os ladróns de xoños
non vos veñan estremecer...
Son un pensamento
que percorre as mentes,
son o sufrimento de algúns,
o tormento de outros....
Son a paz,
son a guerra,
son a arte,
son inexplicable....
O auxilio dunha tortura sen perdón,
unha culpa dunha traizón..
Son o grito inmenso dun silencio absoluto...
Son a vergoña duns
a admiración de outros;
o soño dos pequenos......
Vexo todo e non digo nada,
!tortúranme! Aguántoo,
non falo, non penso,
non respiro, non teño medo,
non sinto , non suspiro....
Amo, pero non me gusta facelo.
Escoito, o que non quero.
Abro a boca pero non teño alento..
Os meus ollos, non ven
están pechados, pero abertos..
Choro, pero non teño lágrimas..
Meu corazón non latexa:
!Son pero non son ninguén!
Non existo pero estou ahí....
!Vivo pero estou morta!
!!Deixádeme en paz!!
Pero lembrádevos de min....
RQL..
No hay comentarios:
Publicar un comentario